A localidade de Piñeiro, en Xermade, está de festa a primeira fin de semana de agosto

A parroquia de Piñeiro, no concello de Xermade, ultimará os preparativos para levar a cabo as súas tradicionais festas na honra á Virxe do Rosario, organizadas pola Asociación de Veciños de Piñeiro en colaboración co Concello de Xermade.
As celebracións comezarán o sábado 1 de agosto a partir das 13.00 horas coa celebración da misa solemne e a posterior procesión, que contará co acompañamento musical do grupo Os Trevillas. Deseguido, os asistentes poderán gozar dunha animada sesión vermú amenizada polo grupo Pasión, formación que tamén será a encargada de facer bailar ao público pola noite na gran verbena compartindo o escenario coa Orquestra Panamá.
O domingo, a actividade festiva continuará co mesmo fervor relixioso arrancando ás 13.00 horas coa misa solemne e a correspondente procesión, de novo acompañada polas melodías do grupo Os Trevillas. Como broche de ouro para pechar estes festexos patronais, a continuación celebrarase unha sesión vermú larga que nesta ocasión estará a cargo do dúo Veneguay, poñendo así o punto final a dúas xornadas completas de convivencia, música e tradición veciñal.