A loita vilalbesa trouxo de Pontevedra un ouro e dúas pratas

TerraChaXa
Celebrouse esta fin de semana no Pavillón do CGTD a segunda edición do torneo en memoria do adestrador Alexander Katchelaev
loita-olimpica-vilalba-kevin-jairo-e-xian
11 Nov 2024

Celebrouse esta fin de semana no Pavillón do CGTD de Pontevedra a segunda edición do torneo en memoria do adestrador Alexander Katchelaev, e ate a cidade do Lérez viaxaron tres das promesas do Club Loitas Olímpicas Vilalba, Kevin Cuba, Jairo Mosteiro, na categoría U17, e Xiao Seoane, na sénior.

Kevin acadou o ouro en menos de 110 kg mentres que Jairo obtivo unha meritoria prata en 65 kg. Pola súa banda, Xiao tamén acadou a prata en 65 kg.

Estes torneos son importantes no inicio da tempada para a formación dos deportistas que aspiran a participar no 2025 nos campionatos de España das súas categorías.

A próxima cita para o deporte de base será o Torneo Internacional de Barakaldo para o que foron convocados os loitadores que participaron esta tempada no Campionato de España U13.

Jimena García (campiona de España), Quique Seoane (campión de España) e Héctor Somoza (5º de España) terán a posibilidade de participar no seu primeiro torneo internacional.

0.16649699211121