A Moexmu recibiu o premio Milagrosistas do Ano de mans dos presidentes de varias comisións

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa celebrou este venres a súa tradicional gala Milagrosistas do Ano, na que se recoñeceu entrous 19 o labor das comisións organizadoras da Mostra Exposición Moexmu de Muimenta.
Este galardón chega superado o 40º aniversario desta veterana feira multisectorial, destacando a súa traxectoria "en beneficio da vida rural" e o seu impacto tanto en Muimenta como no conxunto da provincia.
O acto de entrega tivo lugar no restaurante Manuel Manuel de Lugo ás 20:30 horas. Por parte da Moexmu estiveron presentes os presidentes de varias das comisións deste longo percorrido, encabezados pola actual, Ana Iglesias Lozano.
A asociación entregou premios tamén a Pedro Blanco Lobeiras, delegado do Goberno en Galicia; Montse González Álvarez, responsable de Normalización Lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo; Laureano Isidro Alonso Fernández, veciño do barrio da Milagrosa; Francisco García Novio, urólogo e escritor; José Antonio Roldán Lozano, comandante Militar de Lugo e Xefe do Campo de Maniobras e Tiro de Parga; José Antonio Hernández Hernández, capitán da Garda Civil; Ángeles Novo Martínez, concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo; Jorge Bustos Atanasio, concelleiro de Xuventude, Deportes e Urbanismo no Concello de Lugo; Rosa Abelleira Fernández, interventora da Deputación de Lugo; Rosa Romero Franco, directora da Escola Politécnica de Lugo; Juan Manuel López Labrada, enxeñeiro industrial; María Belén Santiso Felpeto, inspectora da Policía Local; Chema Núñez Losada, locutor da Cadena Cope; Miriam Pérez Souto, de Peluquería Miriam Souto; María Núñez Otero, presidenta do Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo; Café Candelas, que recolleu o premio Alejandra Alonso Álvarez; José Luis Agra Sánchez, presidente do Club Piringalla; Miguel Tomé López, coordinador provincial de Unións Agrarias en Lugo; e á Asociación Española Contra o Cancro de Lugo, que recolleu o presidente José Manuel Rozas.