A Moexmu renderá unha homenaxe a 105 membros das comisións organizadoras da feira da historia

TerraChaXa
Este acto, xunto a outros que se poidan levar a cabo, están enmarcados nos corenta anos de vida da Moexmu
aniversario-moexmu-homenaxe-comisions
Cartel
18 sep 2024

Este sábado, 21 de setembro, ás 16:30 horas, terá lugar no pavillón do recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta, un acto de homenaxe ao centenar de persoas que, desde 1985, organizaron a Mostra Exposición de Muimenta.

Serán un total de 105, dos cales 80 recibirán a distinción no seu propio nome e outros 25 no dos seus familiares debido ao falecemento dos mesmos. En total, serán 95 homes e 10 mulleres aos que se recoñecerá o seu labor para converter a Moexmu na referencia que é hoxe en día.

Con este acto, preténdese agradecer a eses homes e mulleres que ao longo destas corenta edicións da Moexmu a puxeron en marcha e a consolidaron como un dos referentes do sector agrogandeiro e das feiras multisectoriais de Galicia..

Este acto, xunto a outros que se poidan levar a cabo, están enmarcados nos corenta anos de vida da Moexmu.

A XLI edición terá lugar os vindeiros 4, 5 e 6 de abril do 2025.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora no acto de homenaxe da Moexmu. Os deputados da área de Rural e Cultura, Daniel García e Iria Castro, destacaron a necesidade de agradecer o traballo desinteresado da veciñanza de Muimenta “coa entrega dun detalle na forma simbólica dunha pomba, como elemento identitario da Moexmu dende a súa creación a cada persoa integrante nas Comisións, queremos poñer en valor o esforzo e dedicación de todos e todas os que participaron desinteresadamente dende 1985 na posta en marcha e consolidación do certame como referente da gandería en particular e do rural en xeral para a Terra Chá e para toda a provincia de Lugo”.

Coa participación neste acto, cargado de emotividade e de lembranza, a Vicepresidencia da Deputación renova o seu compromiso de colaboración e participación tanto no propio financiamento da Feira de Mostras como na programación dos contidos.

0.20605802536011