A mostra Imaxes de Nadal percorre ata xaneiro os concellos de Guitiriz, Rábade e Vilalba
Os concellos de Guitiriz. Rábade e Vilalba acollerán ata o quince de xaneiro a exposición Imaxes de Nadal, que xa se pode ver no concello Guitirense ata o 14 de decembro. A mostra está aberta na Casa Habanera e contén o traballo de nove fotógrafos lucenses que reflicten as súas personais visións dos máis diversos aspectos do tempo de Nadal.
A mostra, que xa o pasado ano visitou Begonte, Lugo e Chantada, este ano pode verse en Guitiriz (3 ao 14 de decembro), Rábade (Casa do Concello), do 17 ao 31 de decembro, e en Vilalba, na Casa da Cultura, do 2 ao 15 de xaneiro próximo.
Está organizada polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico begontino e das accións que conforman o Nadal de Begonte), o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e o Colectivop Egeria. Na mostra participan os fotógrafos Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Graga, José Manuel Otero, José Manuel Guisasola, GL. Méndez, Hixinio Flores e Toño Fernández Ónega, cun total de 39 fotografías. Seis destes fotógrafos participaron na inauguración desta mostra.
O coordinador, Eduardo Ochoa, responsable de fotografía de Fonmiñá, explicou os contidos da mostra e presentou os fotógrafos participantes que acudiron á inauguración, agradecendo a iniciativa a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, que se congratulou de que esta exposición poida ser vista en Guitiriz na Casa Habanera, un centro cultural con destacadas actividades, restaurado de xeito magnífico pola acción conxunta do Concello e a Mancomunidade de Montes.