A obra teatral 'Neura' poderá verse este venres en Vilalba

A Concelleira de Cultura, Mónica González, e o tenente de alcalde, Modesto Renda, anunciaron unha nova proposta cultural para este venres en Vilalba.
Trátase da obra teatral Neura, da produtora De Ste Xeito e está protagonizada por Sergio Macías e Stephy Llaryora, baixo a dramaturxia e dirección de Manuel Pombal.
Unha comedia, en palabras dos seus creadores, "neurótico/festiva" e na que todos/as nos veremos reflectidos.
Será polo tanto o venres 14 de febreiro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.
As entradas son de balde pero é precisa a súa reserva previa neste enlace.