A oficina móbil de emigración estará o día 30 en Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia puxo en marcha o programa Oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas, unidade móbil que percorrerá durante 6 meses todos os municipios de Galicia.
oficina emigracion portada
27 Apr 2024

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia puxo en marcha o programa Oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas, unidade móbil que percorrerá durante 6 meses todos os municipios de Galicia.

O obxectivo prioritario deste proxecto é promover a inclusión e a integración da poboación emigrante retornada e os seus familiares en todo o territorio galego. Esta oficina dispón dun espazo de 50 m2, accesible tamén para persoas con mobilidade reducida.

As persoas que desexen recibir este servizo poderán acudir o día 30 de abril do 2024, de 09:30 h a 14:00 h á oficina móbil que estará situada na Praza do Concello de Outeiro de Rei.

0.16352915763855