A oitava xornada viaxeira do Xeodestino será en Outeiro de Rei en maio

TerraChaXa | LugoXa
Despois do grande éxito das últimas xornadas viaxeiras, tivo lugar a presentación da oitava xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.
presentacion ruta outeiro de rei guido guia
28 Feb 2024

Despois do grande éxito das últimas xornadas viaxeiras, tivo lugar a presentación da oitava xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.

José Pardo (alcalde do Concello de Outeiro de Rei), Begoña Seco (concelleira de Cultura de Outeiro de Rei) Lorena López (xerente do GDR 4 e do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa), e Guido Álvarez (impulsor do proxecto Guido Guía) anunciaron os primeiros detalles dun sábado 4 de maio no que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

0.19528293609619