A olaría e a música tradicional protagonizan unha xornada en Bonxe da man da Pepa Lombao

TerraChaXa | LugoXa
Bonxe acolleu unha xornada de celebración e encontro entre a olaría e a música tradicional arredor do forno de Pepa Lombao, co apoio da Vicepresidencia da Deputación.
oleria_bonxe_pepa_lombao
oleria_bonxe_pepa_lombao
1 Abr 2024

Bonxe acolleu unha xornada de celebración e encontro entre a olaría e a música tradicional arredor do forno de Pepa Lombao, co apoio da Vicepresidencia da Deputación. Unha cocedura de olería no forno tradicional deu comezo a xornada que continuou pola tarde coa presentación do volume Formas tradicionais da olería popular. Terra Chá. Bonxe editado polo Servizo de Publicacións da área de Cultura e o concerto As Cegas de Ouselle.

Nel o trío Aldara Palmeiro (violín e voz), Miguel Lustres (acordeón e voz) e Antón Castro (zanfona e voz),  interpretaron, desde unha perspectiva actual, o repertorio das coñecidas como cegas de Ouselle, que cantaban e tocaban nas feiras.

Tratouse dunha xornada de celebración e “posta en valor do noso patrimonio cultural, especialmente da música e da olaría”, sinalou a deputada de Cultura Iria Castro, que destacou “o valor documental da nova publicación editada pola área de Cultura, coordinada por Hixinio Flores Rivas e Orlando Viveiro Veiga". Castro agradeceu "o traballo de Pepa Lombao para traer ata hoxe o oficio e as formas da olería de Bonxe" Este ciclo de olería e música tradicional impulsado pola Vicepresidencia da Deputación continuará con dúas novas citas, o 20 de abril, no forno de Lulle en Roxofrei (Samos) e o 11 de maio na reitoral de Gundivós (Sober).

0.18252897262573