A organización da XXXIV MOEXMU reunirase cos gandeiros, Africor e Acruga

TerraChaXa
A comisión organizadora da XXXIV edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, continúa coas súas reunións de traballo de cara á súa celebración entre o venres 6 e o domingo 8 de abril do 2018 cando acolla a XXIV edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXII Concurso de Gando Frisón, a XXXII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXII Poxa de Gando Selecto.
Entrada ao recinto feiral Manuel Vila de Muimenta
12 Dec 2017

A comisión organizadora da XXXIV edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, continúa coas súas reunións de traballo de cara á súa celebración entre o venres 6 e o domingo 8 de abril do 2018 cando acolla a XXIV edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXII Concurso de Gando Frisón, a XXXII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXII Poxa de Gando Selecto.

Así, o vindeiro sábado 16 de decembro terá lugar unha reunión de traballo con membros de Africor Lugo e Acruga, na que tamén estarán presentes a comisión de gandeiros que dende o ano 1.999 asesora as diferentes comisións da Moexmu na organización do Concurso da Moexmu.

A dita reunión tamén está convidado o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Dario Campos; o Alcalde de Cospeito, Armando Castosa e varios concelleiros. Os anfitrións serán, coma sempre, a comisión organizadora deste ano da MOEXMU.

0.16759705543518