A parrillada Merendero gaña o Concurso de Tapas de Guitiriz
O tradicional concurso de tapas Que bo estás Guitiriz rematou cun gran éxito de público, xa que se venderon un total de 7.200 tapas durante a semana na que se celebrou a cargo da Asociación Debares.
Esta cita gastronómica regresou tras dous anos de ausencia para celebrar a novena edición, coa participación de oito locais. O gañador foi a parrillada Merendero. Na segunda posición quedou Gaibor e terceiro Korreo. Tamén participaron CIT; Os Castros nos Vilares; Xoldra, Soa e Nistal en Guitiriz.
Ademais, entre os clientes que completaron o percorrido repartíronse premios económicos de 600 euros para o primeiro, 400 para o segundo e 200 para o terceiro, todos eles acompañados dunha botella de Magnum.
O concurso volveu ter un fin social. De cada tapa, 5 céntimos irán para financiar o Día da Bici, xornada organizada polo club Btteiros Cova da Serpe, que era o proxecto do ano 2020 e que se retomou este ano xa que o concurso non chegou a rematarse nin a repartirse cartos.
Colaboraron neste evento Estrella Galicia, Automóviles Losada, Kantero Foto e o Concello de Guitiriz.