A parroquia de A Devesa, en Friol, celebra esta fin de semana as festas do Santo Ecce-Homo

LugoXa | TerraChaXa
O Grupo Jaque será o encargado de poñer música á sesión vermú e verbena da tarde-noite do sábado
fogos-artificiais-festas
11 Sep 2026

A parroquia de A Devesa, no municipio de Friol, prepárase para celebrar esta fin de semana as festas na honra do Santo Ecce-Homo, cun programa que combinará os actos relixiosos coa música e o ambiente festivo.

As celebracións comezarán este sábado, 12 de setembro, coa misa solemne prevista para as 13.30 horas. A continuación terá lugar unha sesión vermú amenizada polo Grupo Jaque, que tamén será o encargado de poñer música á verbena da tarde-noite, a partir das 20.00 horas.

As festas continuarán o domingo, 13 de setembro, cunha nova misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha sesión vermú coa actuación do dúo Son de Festa.

0.17455911636353