A parroquia de Xermar de Cospeito, celebrará os días este mes as súas patronais

TerraChaXa
O último día haberá unha cea veciñal servida polo bar Fénix
Fogos artificiais
4 Ago 2024

A parroquia de Xermar no concello de Cospeito, celebrará os días 10, 11 e 24 de agosto as súas festas patronais.

O programa das festas comezará o sábado 10, con misa solemne, seguida da sesión vermú coa orquestra Salsarena. Pola noite, este mesmo grupo será o encargado de amenizar a verbena, na que estará acompañada polo solista José Manuel Abanico.

O domingo 11, repetirase o programa relixioso pero será o grupo Alba o encargado de amenizar a sesión vermú e a verbena.

Xa o último día, o xoves 24 de agosto, haberá unha cea veciñal servida polo bar Fénix, con Javi Show como acompañamento.

0.21531414985657