A parroquia friolense de Trasmonte estará de festas a fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
Tres xornadas cheas de música nas que os veciños poderán desfrutar da orquestra Olympus e o dj Casanova
festas-patronais
Programa das festas
20 Maio 2024

Os días 24, 25 e 26 de maio a parroquia de Trasmonte, en Friol, celebra as súas festas parroquiais na honra á Virxe dos Milagres.

Tres xornadas cheas de música nas que os veciños poderán desfrutar da orquestra Olympus e o dj Casanova na xornada do venres, na que haberá tamén unha liscada de chourizada popular a partir das 21.30 horas.

Tamén estará amenizando estas festas a orquestra Acordes e grupo Tania Veiras na noite do sábado, a primeira tamén se ocupará da sesión vermú, que se celebrará despois da misa, que dará comezo ás 13.30 horas.

Alma Latina será o encargado de finalizar as festas desta parroquia o domingo na sesión vermú. A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

festas-trasmonte-friol
0.16215085983276