A parroquia pontesa de Gondré celebra as súas festas a fin de semana

A parroquia de Gondré, nas Pontes, celebra a fin de semana as súas patronais na honra a San Martiño.
Iniciaranse o sábado, ás 13.00 horas, con misa solemne e sesión vermú con Alma Latina, o mesmo grupo que se encargará da verbena á noite xunto coa gran Pili Pampín.
O domingo, só haberá sesión vermú, co dúo Venus, unha vez finalizado o oficio relixioso, que empeza ás 13.00 horas.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.