A parroquia vilalbesa de Alba celebra as súas festas patronais

TerraChaXa
Actuarán os grupos Élite, Límite e Mar de Caión
festas-alba
15 sep 2024

A parroquia vilalbesa de Alba celebra as súas festas patronais en setembro na honra ao Santo Anxo. Estas darán comezo o venres 29 cunha liscada de balde a partir das 21.30 horas, á que seguirá unha verbena co grupo Élite.

O sábado haberá oficio relixioso ás 13.00 horas con procesión e sesión vermú que estará cargo do grupo Límite, o mesmo que se ocupará da verbena xunto ao trío Mar de Caión.

O domingo será a fin de festa, a cargo deste mesmo grupo, que fará unha sesión vermú prolongada despois da misa, ás 13.00 horas.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá colchonetas para os nenos.

0.089928150177002