A parroquia vilalbesa de Carballido convoca o seu baile de Entroido

TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Carballido celebra este mes a XX edición do Entroido e do seu baile de disfraces, convocado para o sábado día 18.
4 feb 2024

A parroquia vilalbesa de Carballido celebra este mes de febreiro a XXI edición do Entroido e do seu baile de disfraces, convocado para o sábado día 10.

A xornada festiva dará comezo ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo JB Son, grupo que tamén poderá escoitarse na verbena.

Trala sesión vermú terá lugar a tradicional comida dentro da Escola, que constará de callos, churrasco, pan, viño e refrescos a un pezo de 20 euros adultos, sendo gratuíta para os menores de dez anos.

Haberá concurso de disfraces con premios aos mellores e lémbrase que o campo da festa estará cuberto cunha carpa pechada e climatizada.

Os interesados en anotarse poden facelo no 607 875 239 (Carlos).