A Pastoriza acolle o sábado unha proba puntuable para o Campionato Galego de Andadura

TerraChaXa
As mangas terán lugar de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas
2ªEdicion-Carreiras-de-Cabalos-Viveiro1
Carreira de cabalos
31 Maio 2024

A Asociación de comerciantes da Pastoriza, Asapa, celebra na localidade esta fin de semana, por primeira vez unha proba puntuable para o Campionato Galego de Andadura.

Establécense seis categorías de competición, para cabalos xóvenes en serrada e chapeada, serrada para menos de 1,50 e tamén para máis, o mesmo que en serrada, ademais da Sub-16.

As mangas terán lugar de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas, coa entrega de premios ás 19.00 horas.

Haberá premios económicos para os catro primeiros clasificados en cada categoría, de 120, 100, 70 e 30 euros, ademais de agasallos para os quintos e para os da sub-16.

0.18548893928528