A Pastoriza acolle unha formación nocturna sobre comercio en liña

TerraChaXa
Os días 12, 13 e 14 de abril terá lugar na Casa da Música da Pastoriza un curso de introdución ao comercio electrónica en liña.
curso comercio en lina pastoriza portada
curso comercio en lina pastoriza portada
5 Abr 2023

Os días 12, 13 e 14 de abril terá lugar na Casa da Música da Pastoriza un curso de introdución ao comercio electrónica en liña, dirixido á veciñanza e emprendedores da zona.

Este curso é gratuíto pero as prazas son limitadas polo que os interesados terán que inscribirse no 98 233 2197.

As clases estarán dirixidas na primeira sesión a explicar os fundamentos do comercio electrónico para continuar cos factores e recursos para empreder no comercio en liña. Finalizarán cunha exposición dos aspectos positivos e negativos do comercio electrónico. As sesións serán de 21.00 a 22.3o horas e están organizadas polo departamento de Desenvolvemento Local.

0.2043559551239