A Pastoriza acolle unha sesión informativa sobre a fertilización con xurros

TerraChaXa
O concello da Pastoriza acollerá o próximo 8 de marzo, mércores, unha xornada informativa sobre A fertilización con xurro e a nova PAC.
xornada informativa xurros pastoriza portada
xornada informativa xurros pastoriza portada
4 Mar 2023

O concello da Pastoriza acollerá o próximo 8 de marzo, mércores, unha xornada informativa sobre A fertilización con xurro e a nova PAC.

O acto terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura e está organizado pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes co apoio do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACA) e a área de Medio Rural do Concello da Pastoriza, un dos concellos que lideran a produción de leite en Galicia.

A sesión dará comezo ás 11.30 horas e contará con catro intervencións nas que se falará do estado da fertilizade nos solos da zona, a nova lexislación de xurros, a ferramenta RAX e o impacto da nova lexilación nas axudas da PAC.

xornada informativa xurros pastoriza
0.19850206375122