A Pastoriza acollerá unha nova campaña de doazón de sangue o 11 de agosto

TerraChaXa
A unidade móbil instalarase na Praza do Concello para facilitar as doazóns durante a tarde
Doa sangue veran
8 Aug 2026

A Pastoriza volverá participar este verán na campaña de doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) cunha nova xornada destinada a facilitar a participación da veciñanza.

A unidade móbil desprazarase ata a Praza do Concello o vindeiro 11 de agosto, onde permanecerá entre as 16.00 e as 18.30 horas para atender ás persoas que desexen colaborar coa doazón.

A iniciativa forma parte das campañas que ADOS desenvolve durante os meses de verán para reforzar as reservas de sangue, unha época na que adoita diminuír o número de doazóns debido ás vacacións, mentres se manteñen as necesidades dos hospitais.

Desde a organización animan á cidadanía a participar neste xesto solidario, lembrando a importancia de manter un abastecemento suficiente de compoñentes sanguíneos para atender as necesidades asistenciais do sistema sanitario.

0.14434289932251