A Pastoriza acollerá unha nova xornada de baloncesto 3x3 no pavillón municipal

O Pavillón Municipal da Pastoriza será escenario este mércores, 29 de abril, da terceira xornada de baloncesto 3x3, unha cita deportiva que reunirá a diferentes escolas e equipos da contorna nunha tarde dedicada ao deporte da canastra.
Na competición participarán os conxuntos da EDM Pastoriza, EDM Meira, EDM Outeiro de Rei, EDM Mondoñedo e a ANPA Veleiro Docampo, que disputarán diversos encontros nun ambiente de convivencia e promoción do deporte base.
A actividade conta coa colaboración de distintas entidades e organismos vinculados ao deporte e á promoción da actividade física en Galicia. Desde o Concello da Pastoriza animan á veciñanza a achegarse ao pavillón municipal para desfrutar dunha xornada deportiva que busca fomentar hábitos saudables e o compañeirismo entre os máis novos.