A Pastoriza amplía a súa oferta cultural con novas clases de teatro para nenos e nenas

A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza, en colaboración co Concello, continúa apostando pola cultura e a creatividade coa posta en marcha dun novo grupo de teatro dirixido a nenos e nenas de entre 11 e 15 anos. As clases serán impartidas polo actor e director teatral Guillermo Cancelo e celebraranse todos os luns ás 18:30 horas.
Esta nova iniciativa súmase ao éxito do grupo de teatro de adultos, que xa leva tempo en funcionamento e conta cunha excelente acollida entre o público local. Coa creación deste grupo infantil e xuvenil, a entidade busca fomentar o gusto polo teatro desde idades temperás, promover o traballo en equipo e desenvolver a expresión corporal e oral dos participantes nun ambiente lúdico e formativo.
O prezo da actividade é de 30 euros ao mes, e as inscricións poden formalizarse a través do teléfono 674 182 584 ou directamente na Librería Bazar Soños.
Dende a organización destacan que o obxectivo principal destas clases é ofrecer unha alternativa de lecer educativo para a mocidade da Pastoriza, potenciando ao mesmo tempo o dinamismo cultural no municipio.