A Pastoriza celebra as festas patronais desde o venres

TerraChaXa
Haberá liscada de balde, partido de fútbol, música e sorteos
festas-a-pastoriza
Cartel
26 Ago 2024

A Pastoriza prepárase para vivir esta fin de semana as súas festas patronais, na honra a San Salvador.

Estas arrancarán o venres 30 cun partido de fútbol entre solteiros e casados, que terá lugar no campo do Acebreiro a partir das 20.30 horas. A participación no encontro segue aberta e para apuntarse só fai falta gañas de pasalo ben e roupa e calzado deportivo. Vale tamén calquera estado civil.

Unha vez rematado o duelo terá lugar unha liscada popular polos bares do pobo que culminará cunha verbena a cargo de Kalima 3.0 e Hermo Discoteca Truch.

O sábado arrancarán os actos ás 13.30 horas coa misa e a procesión, á que seguirá consabida sesión vermú, que estará a cargo do grupo Fuego, que repetirá na verbena xunto a Capitol.

Pola tarde tamén están previstos xogos populares, para todos os públicos e gustos, a partir das 18.30 horas.

Ademais das orquestras e o baile, sortearanse, ás 1.30 horas mil euros.

As festas chegarán aso seu final o domingo 1 de setembro, cos tradicionais oficios relixiosos, ás 14.00 horas. Rematarán cunha sesión vermú na que actuarán Asubíos da Chaira, poñendo o toque de música tradicional, e o grupo Fénix.

0.19958114624023