A Pastoriza contará cun campamento de Semana Santa

TerraChaXa
A anpa do colexio O Salvador da Pastoriza e Anacos de Lecer organizan un campamento de Semana Santa en abril
campamento nenos xogar
campamento nenos xogar
24 mar 2023

A anpa do colexio O Salvador da Pastoriza e Anacos de Lecer organizan un campamento de Semana Santa. Este terá lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril, de 9.00 a 14.00 horas e está aberto a toda a poboación.

Os interesados en anotarse teñen de prazo ata o 28 de marzo e poderán facelo solicitando o formulario no teléfono 659 032 194. O prezo para a quincena completa será de 30 euros por neno.

O participantes gozarán de diferentes actividades de cociña, manualidades, diverciencia e xogos tradicionais, obradoiros, entre outras.

campamento semana santa abril a pastoriza