A Pastoriza contará cun campamento de verán do 11 ao 29 de xullo

TerraChaXa
As Anpas do colexio O Salvador da Pastoriza e de Bretoña celebrarán, por medio de Puzzle Animación un ano máis un campamento de verán.
campamento nenos xogar
campamento nenos xogar
2 Xul 2022

As Anpas do colexio O Salvador da Pastoriza e de Bretoña celebrarán, por medio de Puzzle Animación un ano máis un campamento de verán. Este terá lugar entre o 11 e o 29 de xullo (agás o 25), de 10.00 a 14.00 horas.

Os interesados en anotarse teñen de prazo ata o 3 de xullo e poderán facelo solicitando o formulario no teléfono 659 032 194. O prezo para a quincena completa será de 160 euross.

O participantes gozarán de diferentes actividades deportivoas, audiovisuais e de animación, con xogos musicais, alternativos, tradicionais, obradoiros, etc.

0.065968990325928