A Pastoriza fará a recollida de plásticos agrícolas do 1 ao 4 de outubro

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza realizará entre o 1 e o 4 de outubro a recollida de plásticos de procedencia agrícola.
30 sep 2019

O Concello da Pastoriza realizará entre o 1 e o 4 de outubro a recollida de plásticos de procedencia agrícola.

Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 332 197.

Os solicitantes deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito, os plásticos deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga. No deben levar arames, terra ou area.

0.15616798400879