A Pastoriza organiza unha excursión a Monforte para maiores de 55 anos

TerraChaXa
A viaxe, con saída o 12 de novembro, inclúe visitas guiadas ao Museo do Ferrocarril e á vila de Monforte
A PASTORIZA viaxe monforte
5 Nov 2025

O Concello da Pastoriza vén de anunciar unha nova excursión cultural dirixida ás persoas maiores de 55 anos e aos seus acompañantes. A actividade terá lugar o martes 12 de novembro e inclúe unha completa xornada para descubrir a historia e a beleza de Monforte de Lemos.

A saída está programada para as 8.30 horas desde a Praza do Concello da Pastoriza, cunha chegada prevista ás 20.00 horas. O desprazamento farase en autobús e contará cunha guía acompañante, ambos servizos de maneira gratuíta para os participantes.

O itinerario inclúe unha visita guiada ao Museo do Ferrocarril e un percorrido pola vila de Monforte, coñecida polo seu rico patrimonio histórico e monumental. A comida correrá a cargo dos propios visitantes.

As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do Concello da Pastoriza ata cubrir prazas.

⚙ Configurar cookies
0.069495916366577