A Pastoriza realizará unha nova recollida gratuíta de enseres e residuos voluminosos do 21 ao 25 de setembro

O Concello da Pastoriza levará a cabo entre os días 21 e 25 de setembro unha nova campaña de recollida gratuíta de enseres e residuos voluminosos a domicilio. A iniciativa pretende facilitar a correcta eliminación deste tipo de materiais e contribuír ao mantemento dun municipio máis limpo e sostible.
As persoas que desexen facer uso do servizo deberán anotarse previamente chamando ao teléfono 982 332 197.
Entre os residuos que se poderán retirar atópanse mobles, colchóns, electrodomésticos, aparellos informáticos, cables, macetas e outros obxectos de gran tamaño que non poden depositarse nos colectores convencionais.
Desde o Concello lembran a importancia de empregar este tipo de servizos para evitar o abandono incontrolado de residuos, unha práctica que pode causar problemas ambientais e afectar á saúde pública, ademais de deteriorar a imaxe das contornas naturais e urbanas.