A Pastoriza recolleu a domicilio 70 toneladas de plásticos agrícolas

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza levou a cabo a retirada de pláticos agrícolas, acadando as 70 toneladas deste material recollidas nos domicilios.
plasticos agrícolas
12 Abr 2021

O Concello da Pastoriza levou a cabo en febreiro a retirada de plásticos agrícolas, acadando un total de 70 toneladas deste material recollidas nos domicilios, segundo comunicou a empresa responsable deste servizo municipal. O material, que será reciclado, supón unha cifra similar á de campañas anteriores.

Para o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, este servizo ten moi boa acollida entre os veciños xa que se ofrece de forma gratuíta desde hai anos para evitar a acumulación deste tipo de residuos na zona rural, especialmente debido ao elevado número de ganderías
do termo municipal.

A recollida realízase por trimestre, aínda que estas amplíanse en función da necesidade, xa que os veciños poden chamar ao longo de todo o ano ás oficinas municipais, ao 982.33.21.97, para solicitar a retirada.

Unha vez fixada a data de recollida, os plásticos deben depositarse nun lugar de fácil acceso e dobrados e limpos —sen terra, arames..— para facilitar a súa carga no camión.

0.14923286437988