A Pastoriza retoma as escolas deportivas, que volverán ser gratuítas para a veciñanza

TerraChaXa
Este ano ofertan baloncesto, fútbol sala, atletismo, xadrez, tenis, tenis de mesa, bádminton, pádel, patinaxe, música e baile tradicional e natación
escolas-deportivas
26 Sep 2026

As escolas deportivas do Concello da Pastoriza volverán ser gratuítas para os nenos e nenas do concello este curso tal e como o anunciara o alcalde popular, Darío Cabaneiro.

"A entidade local ten a finalidade de cumprir co obxectivo de apostar polo deporte e fomentar entre a xuventude actividades físicas que complementen a súa formación, o tempo de lecer e lles axuden a adquirir hábitos saudables", explica Cabaneiro.

Este ano ofertan baloncesto, fútbol sala, atletismo, xadrez, tenis, tenis de mesa, bádminton, pádel, patinaxe, música e baile tradicional e natación.

O prazo para anotarse xa está aberto.

0.14472103118896