A plantación de pensamentos abriu onte as Xornadas Rosalianas de Vilalba

TerraChaXa
O alumnado infantil de Vilalba e o Centro Ocupacional dan o inicio das Xornadas Rosalianas con pensamentos debuxados.
plantacion pensamentos xornadas rosalianas
16 Feb 2023

O alumnado infantil de Vilalba e o Centro Ocupacional dan o inicio das Xornadas Rosalianas, unha iniciativa que cumpre a súa segunda edición da man do Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitírica (NPG) e o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha).

Os escolares do CEIP Terra Chá, Monseivane, Insua Bermúdez, Mato Vizoso e da Escola de Educación Infantil realizaron ao longo das pasadas semanas pensamentos debuxados en homenaxe á gran escritora galega e universal, que foron recollidos e colocados onte no parque que leva o seu nome polos usuarios e usuarias do obradoiro de xardinaría do Centro Ocupacional.

0.16257309913635