A primeira proba de trail de Riotorto terá lugar o domingo con 200 participantes

TerraChaXa | AMariñaXa
A localidade de Riotorto estreará unha ruta de trail este mes de maio. Co nome de I Trail Rutao dos Muíños celebrarase o día 27 de maio.
TRAIL RUTA MUINOS RIOTORTO PORTADA
TRAIL RUTA MUINOS RIOTORTO PORTADA
24 Maio 2023

A localidade de Riotorto estreará unha ruta de trail este mes de maio. Co nome de I Trail Rutao dos Muíños celebrarase o día 27 de maio con tres probas diferenciadas e 200 participantes.

Por unha banda, terá lugar unha andaina de 16,5 quilómetros, que arrancará ás 10.00 horas da praza das Rodrigas, onde tamén estará a meta. Esta andaina non terá fin competitivo pero será necesaria a inscrición.

Pola tarde terán lugar ás dúas probas deportivas. Ás 16.30 horas sairá a proba de enduro, de 20 quilómetros, nas categorías masculino e feminino a partir de 18 anos. 20 minutos despois sairá a proba do propio trail, tamén para homes e mulleres a partir da maioría de idade.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría trial e enduro.

TRAIL RUTA MUINOS RIOTORTO
0.1811420917511