A provincia rexistra hoxe a primeira baixada de casos activos desta vaga

TerraChaXa | LugoXa
3 Feb 2021

A provincia de Lugo recibe hoxe con prudencia o primeio descensod e casos activos desta segunda vaga, causado polo elevado número de altas xa que os contaxios novos son máis que onte.

De feito, este mércores os casos activos sitúanse en 2.093, que son 42 menos que onte. Na xornada anterior o crecemento foi de 5.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 80 casos novos (onte foron 64) e as altas chegaron ás 8.219, 118 en 24 horas, o día anterior foron 73.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.492 casos rexistrados e 174 persoas falecidas, dúas más que onte. O último foi un home de 83 anos que morreu este luns no Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Pola contra, a presión hospitalaria, xa de por si a peor ata a data, empeora na UCI e mantense en planta. En Coidados Intensivos hai tres persoas máis, 25, dúas delas na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 70 persoas, 45 no hospital de Lugo (2 máis), 70 na Mariña (3 menos) e 17 en Monforte (1 máis). O Polusa segue tendo un enfermo.

POR COMARCAS

Terra Chá

A comarca segue sumando casos nesta xornada con moitos concellos en 17 e con Vilalba e As Pontes contendo a progresión pero sen parar de crecer.

  • Vilalba segue á alza ata os 192 casos, 5 casos máis que onte, volvendo á contención dos últimos días pero sen conseguir remitir.
  • A Pastoriza, que estaba en retroceso suma dous casos máis ata 14 contaxios.
  • Outeiro de Rei suma tres e xa son 17.
  • Begonte rebaixa a 17 (1 menos).
  • Castro de Rei sobe 2 ata 17.
  • Friol suma 1 e queda en 16 contaxiados.
  • No veciño Concello das Pontes, continúan sumando casos, 1 nesta xornada, que fan un total de 71.

A Mariña

A covid continúa en remisión na comarca con todos os concellos rebaixando a incidencia ou manténdoa.

  • Viveiro continúa o seu descenso paulatino de casos e certifica 113, 10 menos.
  • Xove rebaixa ata 28 (4 menos) no camiño á estabilidade.
  • Burela volve baixar e queda en 40, con 3 casos menos.
  • No Vicedo mantéñense con 31 enfermos.
  • Cervo rebaixa ata 13, dous menos.
  • Ribadeo queda un día máis en 26.
  • Foz resta 1 infectado e certifica 10.
  • Riotorto mantén os 11 de onte.

Centro da provincia

Novo descenso de casos en Lugo e en palas de Rei, os máis afectados. No resto, a incidencia modérase agás en Castroverde, que suma 5 contaxios novos.

  • Lugo conta con 426 casos, 2 menos que onte.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 7 menos e 61 en total.
  • Pola contra, Monterroso sobe 1 ata 16.
  • No Corgo mantense en 10 a incidencia e a esa crifra volve Becerreá.
  • Castroverde suma 5 casos e chega a 16.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

A vila de Sarria mellora a súa situación co terceiro descenso consecutivo dende o inicio desta terceira vaga aínda que  situación segue a ser preocupante. O resto estáncanse.

  • Sarria rebaixa casos por terceiro día consecutivo, 8 menos ata 174.
  • Láncara pola contra suma 1 ata 20 de novo.
  • Paradela mantén 16 casos.
  • O Incio segue en 10 casos novos.
  • O Páramo no ten contaxios novos nos últimos quince días.

Ribeira Sacra

Tamen chega a remisión ao sur da provincia, onde Monforte rexitra unha nova baixada de casos. Monforte e Quiroga seguen centralizando a incidencia no sur da provincia e en maior ou menor estáncase o crecmento en todos os concellos, agás A Pobra de Brollón e Sober.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 230 casos, 9 menos que onte.
  • Quiroga tamén retrocede tras un gran auxe de contaxios. Hoxe son 110, 6 menos que onte.
  • Chantada mantense en 51 e Taboada en 10.
  • O Saviñao rebaixa tamén 2 e ten 35 contaxios.
  • Pantón mantén 25.
  • Ribas de Sil baixa un caso e xa son 16.
  • Pobra do Brollón suma xa 10.
  • Sober volve a ter 10 casos acumulados.
0.1660099029541