A prudencia é sabedoría

TerraChaXa
Dende sempre, existiu, existe e seguirá existindo a discriminación polas sensacións derivadas da natureza que comeza coa infancia.
Ramón Paz Guntín
3 Aug 2017

Dende sempre, existiu, existe e seguirá existindo a discriminación polas sensacións derivadas da natureza que comeza coa infancia. Aí, frecuentemente, os nenos xa intúen psicoloxicamente falta de confianza sempre e máis se, sobre todo, as persoas que os rodean as consideran estrañas que acostuman rexeitar sistematicamente a verdadeira natureza. Todo se contaxia unha miguiña máis cando se aproxima a adolescencia. E xa sendo adultos, sofren máis psicoloxicamente debido a situacións inesperadas causadas por ambientes desaxeitados pola presenza de maiores que os acostuman rexeitar. Pero lograr confianza neles mesmos ha de ser beneficiosa e creativa para nun futuro sentirse útiles á sociedade e evitar caer involuntariamente en ambientes contaminantes moralmente que indesexablemente poden acarrear ocio preguizoso maligno que acostuma ser o causante de tantas adversidades psicoloxicamente perversas e imprudentemente contaxiosas.

Aquel mestre autor do libro do Xosé ao seu alumnado esixía prudencia e moderación para distinguir o ben do mal e preventivamente dicía que a noción do home como proxecto acostumaba e acostuma opoñerse a diversos conceptos que debían e deben distinguir ao ser humano. Así engadía que a mencionada “prudencia” que era, e é, sinónimo de sabedoría, tan importante e necesaria para organizar e dirixir racionalmente diversas accións. Como virtude característica da alma xunto coa “fortaleza” e a “templanza” xunguidos en perfecta harmonía e a “xustiza”, suman as catro virtudes denominadas “cardinais” das que tódolos cristiáns deberan ser posuidores para desenvolver cadaquén por si mesmo e con liberdade o sentido moral e espiritualmente humilde que, paralelamente xunguidos ao entendemento creativo, dea posibilidades útiles e beneficiosas. Por iso, aquel mestre autor do libro do Xosé sensiblemente aos seus discípulos advertía que a importancia de adquirir coñecemento consistía e consiste en procesos de información axeitada con datos que acostuman proceder dos sentidos diversos e comúns integramente sólidos e sensacionais que deben facilitar permanentemente o desenvolvemento da percepción. O perfeccionismo en ocasións xera frustración, inactividade e autocrítica para impedir a acción; xa que as persoas nunca se senten satisfeitas dos seus actos. Esta tendencia neurótica pode chegar á obsesión nun período moi sensible para o desenvolvemento mental afectuoso onde participa unha permisividade caracterizada pola tolerancia, aceptación do comportamento e as motivacións da cadaquén individual e colectiva cara comportamentos psicoloxicamente infantís -idea contraria á sobreprotección que define unha tendencia educativa que se caracteriza polos espazos de liberdade que se concede aos nenos para actuar de acordo cos distintos niveis de autonomía propios de cada idade onde a intelixencia ha de ser a base esencial dos seres humanos para discorrer e razoar axeitadamente entre os elementos correspondentes sobre unha situación onde os problemas han de estar ausentes permanentemente-.

Así o autor do libro do Xosé, grato comunicante, como mestre ao seu alumnado transmitía que para resolver as dificultades con intelixencia se debe acudir a factores importantes que axuden á elaboración de conductas derivadas da experiencia e a capacidade. Isto acostuma a dar os seus froitos que se reflexan na práctica e teoricamente de forma eficaz coma nos novos tempos que, debido ás tecnoloxías, funcionan extraordinariamente “ben e axiña” os ordenadores e a intelixencia artificial.

“Obras son amores” insinuaba aquel mestre autor do libro do Xosé aos seus discípulos aos que transmitía que “o saber non ocupa lugar”. Indicaba que a sensibilidade dos seres humanos era e é e sempre será permanentemente importante e digna de mención poñendo de exemplos os refráns coma “detrás virá quen bo me fará” porque inhumanamente xorden formas diferentes con exemplos e comparanzas.

Ramón Paz Guntín
A Casa dos Marios.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17653679847717