A quinta quedada laneira terá un fin solidario

TerraChaXa
Tecerán prendas laranxas para confeccionar mantas dedicadas á loita contra a violencia de xénero
quedada-laneira-as-pontes-solidaria
Cartel do evento
9 Xuño 2024

Con motivo do Día Mundial de Tecer en Público, Puntadas Con Agarimo organiza unha nova quedada lanera que, nesta ocasión, ademais terá un fin solidario, ao abeira da campaña Tu puntada tiene hilo, que busca crear conciencia sobre a violencia de xénero e construír pontes de apoio e solidariedade entre mulleres de todas as culturas e recunchos do mundo.

Durante esta quedada as persoas participantes tecerán pezas cadradas, de cor laranxa, que serán entregadas á Asociación de Labores Solidarias de la IAIA que as unirá para confeccionar mantas solidarias que se destinarán a organizacións non gubernamentais dedicadas á loita contra a violencia de xénero.

A sesión será o domingo 16 de xuño, ás 16.00 horas na praza de América das Pontes.

0.19252109527588