A Rapa das Bestas de Carballo, en Friol, celébrase o domingo 26

LugoXa | TerraChaXa
É unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega
rapa_das_bestas_a_pontenova_
Cartel
15 Jul 2026

A comunidade do monte veciñal de Carballo, en Friol, convida un ano máis a participar e gozar da súa tradicional Rapa das Bestas, que se celebrará o domingo 26 de xullo.

É unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega.

A falta de programa oficial, estímase que a celebración comezará coa subida das bestas ao curro a primeira hora da mañá. Para iso, xente a pé, cabaleiros e amazonas sairán na súa busca polo monte, para posteriormente conducilas ao curro. Separando os poldros, dará comezo o gran espectáculo da pelexa corpo a corpo entre aloitadores e bestas, ás 12.00 horas, na que prima o bo trato aos animais e na que se aproveita a ocasión para realizar os axeitados tratamentos sanitarios. Rematará co recoñecemento aos aloitadores e cabaleiros que participaron.

Haberá un xantar con servizo de bar e carpa e pola tarde, a partir das 17.30 horas, resérvase para as carreiras de galope entre cabalos cruzados e puros.

 

0.13010907173157