A Rapa das Bestas de Carballo, en Friol, celébrase o próximo domingo

LugoXa | TerraChaXa
É unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega
rapa_das_bestas_a_pontenova_
Cartel
21 Xul 2024

A comunidade do monte veciñal de Carballo, en Friol, convida a todo o mundo a participar e gozar da súa tradicional Rapa das Bestas, que se celebrará o próximo domingo, 28 de xullo.

É unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega.

A celebración comezará coa subida das bestas ao curro a primeira hora da mañá. Para iso, xente a pé, cabaleiros e amazonas sairán na súa busca polo monte, para posteriormente conducilas ao curro. Separando os poldros, dará comezo o gran espectáculo da pelexa corpo a corpo entre aloitadores e bestas, ás 12.00 horas, na que prima o bo trato aos animais e na que se aproveita a ocasión para realizar os axeitados tratamentos sanitarios. Rematará co recoñecemento aos aloitadores e cabaleiros que participaron.

Haberá un xantar con servizo de bar e carpa cun menú de 27 euros que contará con polbo, churrasco, sobremesa, viño e café.

A tarde, a partir das 17.00 horas, resérvase para as carreiras de galope entre cabalos cruzados e puros. Finalizarán a xornada cunha intrépida xincana, sobre as 18.30.

Nas carreiras de galope estableceranse catro premios para os cruzados e outros catro para os puros, o mesmo que na xincana.

0.1604380607605