A Regueira de Pastoriza celebrará as festas na honra a San Pedro desde o sábado

TerraChaXa
As celebracións darán comezo o sábado 27 de xuño cunha misa ás 14.00 horas, seguida dunha procesión acompañada por gaitas galegas
festas-san-pedro-rigueira
26 Jun 2026

A parroquia da Regueira, no concello de Pastoriza, celebrará el sábado y el domingo as súas tradicionais festas na honra a San Pedro cun programa que combinará actos relixiosos e musicais para todos os públicos.

As celebracións darán comezo o sábado 27 de xuño cunha misa ás 14.00 horas, seguida dunha procesión acompañada por gaitas galegas. A continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo Grupo Fénix. Pola noite, os asistentes poderán desfrutar dunha gran verbena coa actuación do propio Grupo Fénix e da formación Gran Parada, procedente de Rianxo.

O domingo 28 de xuño continuará a programación festiva cunha misa ás 13.00 horas e a correspondente procesión. Ao remate celebrarase unha macro sesión vermú que contará coa música da orquestra Fuxsión Latina e do DJ Casanova.

0.12577104568481