A Rigueira celebrará o seu Magosto o 12 de outubro cunha comida tradicional e castañas

TerraChaXa
A organización informa de que o aforo será limitado, polo que será necesario realizar a inscrición previamente
dia-castaña-boca-do-monte-os-anguieiros
8 Oct 2026

O Teleclub da Rigueira acollerá o vindeiro 12 de outubro unha nova celebración do Magosto, unha xornada gastronómica e de convivencia que terá lugar a partir das 14.00 horas.

O encontro, organizado polo Teleclub da Rigueira, contará cun menú baseado en produtos tradicionais. A comida incluirá pan da casa, lacón, cacheira e bola de liscos, mentres que para a sobremesa haberá castañas e sorteos sorpresa.

O prezo será de 15 euros para os socios e de 20 euros para os non socios, mentres que a participación será gratuíta para os menores de 12 anos.

A organización informa de que o aforo será limitado, polo que será necesario realizar a inscrición previamente. As reservas poderán facerse nos teléfonos de Celeiro, no 600 573 331, e Montse, no 610 849 704.

A celebración pretende reunir veciños e participantes arredor dunha xornada de gastronomía e convivencia, mantendo a tradición do magosto e poñendo en valor os produtos propios desta época do ano.

0.14447212219238