A Romaxe Artesá da Chaira celebra a súa décima edición con vinte obradoiros e aposta pola posta en valor do feito á man

GaliciaXa | TerraChaXa
A Fundación Artesanía de Galicia destaca o evento como clave para a comercialización e a difusión dos oficios tradicionais
Artesania-Romaxe-Chaira-Muras
23 May 2026

A Romaxe Artesá da Chaira chega á súa décima edición cunha ampla representación do sector artesanal galego, reunindo un total de vinte obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e especializados en disciplinas moi diversas como a marroquinaría, a cantería, a xoiería, a cerámica, a forxa, o bordado ao aire, a cestería, os xoguetes, o tecido, o debuxo, o vidro, a confección de roupa, a bixutería, a sombreiraría e tamén os complementos de moda.

Nesta edición participan obradoiros de distintos puntos do territorio galego, entre eles Xosé Lois Canteiro e Imavi de Vilalba; Tres Caracoles, Meteora Handmade, Ceniza de Papel e La Bellota Mágica de Lugo; Zeltia ao Aire, Emy Telar e Pasa Marela da Coruña; María Monsalve Estudio de Monterroso; Jorge Eiroa Forxa de Culleredo; Casperlota Atelier de Paderne; Comeluz das Pontes; Enxógate de Quiroga; O Carabel Ecocestos de Ferrol; Ferraxe de Prata de Teo; Ada Negra da Guarda; Corman Soto de Vigo; Alfarería Lista de Buño, en Malpica de Bergantiños; e Hana no Boshi de Pontedeume.

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, puxo en valor esta iniciativa como unha ferramenta fundamental para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios tradicionais á cidadanía e consolidar a marca Artesanía de Galicia como un selo de identidade asociado á calidade e ao traballo feito á man.

0.11584901809692