A Ruleta do Comercio estará en Meira o 9 de outubro
A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de empresarios de Meira e a Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional Ruleta da Sorte.
Así, todos os clientes de Meira que merquen entre estes días nos establecementos asociados da vila poderán xirar a ruleta. Cada ticket de importe igual ou superior a 10 euros dá dereito a unha tirada.
A Ruleta instalarase o venres 9 de outubro, entre as 11.00 e as 14.30 horas, no paseo central da Praza Maior, e dá opción a gañar agasallos para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.
A campaña Ruleta da Sorte busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, contempla distintas actuacións en varias localidades lucenses.