A Rumboia organiza a terceira edición do torneo de fútbol 3x3

TerraChaXa
Haberá tres premios económicos para os tres primeiros equipos clasificados
torneo-3-por-3-a-rumboia
Cartel
9 Xul 2024

A asociación A Rumboia de Abadín organiza na localidade o III Torneo Fútbol 3x3, que se desenvolverá o 13 e 14 de xullo.

O torneo terá lugar na área recreativa A Roxica, en Gontán.

Haberá tres premios económicos para os tres primeiros equipos clasificados, que non poderán estar formados por máis de 5 xogadores. Estes serán de 300, 150 e 75 euros.

A inscrición está aberta e ten un prezo de 25 puntos por equipo. Para facela hai que poñerse en contacto cos teléfonos 659 174 701 e 697 717 375, ou nas redes sociais da Rumboia.

Haberá música e arrozada pola noite.

0.17521786689758