A Ruta BTT Terra Chá San Simón da Costa volve o 5 de abril

TerraChaXa
As inscricións xa están abertas en CCnorte.com ata o día 1 do mesmo mes
ruta-btt-san-simon-da-costa
28 Feb 2025

O sábado 5 de abril, volverá celebrarse a Ruta BTT do Club Ciclista Terra Chá, coincidindo coa celebración da Feira do Queixo San Simón da Costa.

Para este 2025 a organización ten preparadas tres distancias e niveis de dificultade de 72, 55 e 40 quilómetros que percorrerán os concellos de Vilalba, Muras e Xermade. O máis curto é o único apto para bicicleta gravel. Os desniveis serán de 2000 metros na primeira ruta 1.400 na segunda e 700 na terceira.

Este ano sairase ás 9:00 horas desde a Praza da Constitución, durante a celebración da feira.

Aqueles que participen contarán con abundantes avituallamentos, servizo médico e servizo de asistencia mecánica en ruta.

Haberá un agasallo para o primeiro, segundo e terceiro participante da categoría masculina na distancia longa e para a primeira, segunda e terceira participante da categoría feminina na distancia longa, polo que terán que acreditar ter realizado todo o percorrido mediante Strava. Tamen haberá agasallo para o club máis numeroso e para o participante de maior idade.

As inscricións xa están abertas en CCnorte.com ata o 1 de abril. O prezo é de 25 euros e as prazas están limitadas a 300 persoas maiores de 15 anos.

A Ruta BTT Queixo San Simón da Costa é xa unha proba cicloturista consolidada no calendario deportivo da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.089821815490723