A SD Outeiro de Rei celebra o 16 un campionato de tute

TerraChaXa | LugoXa
O CD Cospeito celebrará o día 12 de novembro un torneo de tute para parellas para o que o prazo de inscrición xa está aberto.
10 mar 2024

A SD Outeiro de Rei celebrará este sábado, 16 de marzo, un campionato de tute. Este evento terá lugar no pavillón dos deportes da localidade a partir das 15.30 horas.

Hai un límite de inscrición de 54 parellas e están previstos premios en metálicos para as catro parellas mellor clasificadas na xeral e as 4 da repesca. Recibirán os gañadores da xeral 1.000 euros, con 500 para o segundo e 200 para o resto. Na repesca os premios serán de 350, dous de 200 e dous de 100.

A inscrición, de 100 euros por parella, inclúe a comida, que será ás 14.00 horas, que constará de cocido, sobremesa, café, viño, gaseosa e refrescos. Ademais, a partir das 21.00 horas haberá pinchos. Haberá posibilidade de inscribirse só no xantar, cun prezo de 35 euros.