A SD Outeiro de Rei convoca o segundo campus para nenos este mes

LugoXa | TerraChaXa
Está dirixido a nenos de entre 5 e 12 anos, tanto do concello como dos arredores
campus-outeiro-de-rei
Cartel do campus
3 Xuño 2024

O SD Outeiro de Rei continúa co seu impulso do fútbol de base e ten convocado para finais de mes a segunda edición do Campus de fútbol, dirixido a nenos de entre 5 e 12 anos, tanto do concello como dos arredores.

Os participantes realizarán actividades de fútbol campo e fútbol sala, ademais de outras de ocio como multiaventura, multideporte, excursións e visitas formativas. Contarán con roupa, un seguro e unha merenda todos os días.

As sesións terán lugar de 9.30 a 14.00 horas entre os días 24 e 28 de xuño. Ten un prezo de cen euros.

A inscrición e información pode facerse ata o 7 de xuño nos teléfonos 696 587 957 e 639 286 181.

0.18216514587402