A SD Residencia proclámase campioa do Torneo de Fútbol 11 de Veteranos de Outeiro de Rei

O Torneo de Fútbol 11 de Veteranos de Outeiro de Rei chegou á súa fin coa SD Residencia como campioa tras impoñerse na gran final ao Saavedra.
O conxunto lucense completou así un camiño cara ao título no que tamén superou ao equipo de Outeiro de Rei, antes de alcanzar a final e facerse coa vitoria definitiva.
A entrega de premios puxo o broche final á competición, cunha cerimonia na que os participantes recibiron copas, xamóns e chourizos como recoñecemento pola súa participación no torneo.
Desde a organización trasladaron os parabéns á SD Residencia pola súa vitoria e agradeceron a participación de todos os equipos que fixeron posible unha nova edición desta competición de fútbol veterano.