A secretaria de Estado visita As Pontes para coñecer o futuro da planta de hidróxeno verde

TerraChaXa
O alcalde das Pontes e o delegado do Goberno falaron do futuro do hidróxeno verde na localidade coa secretaria de Estado
visita secretaria de estado as pontes hidroxeno verde
visita secretaria de estado as pontes hidroxeno verde
16 Dec 2022

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantiveron un encontro coa Secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen e representantes de Reganosa e EDP para falar sobre a planta de hidróxeno verde que ambas compañías proxectan nas Pontes así como sobre a  concesión dunha axuda de 24 millóns de euros, procedentes de Fondos Europeos para a súa posta en marcha.

González Formoso, ao remate do encontro, agradeceu á Secretaria de Estado de Enerxía a súa presenza e dispoñibilidade, amosando sempre o seu compromiso con As Pontes “un pobo que é unha referencia enerxética dun modelo baseado no carbón, actualmente en transición, pero tamén dun modelo xerador de enerxía a través do gas natural, da auga e do vento, que non lle ten nada que envexar aos grandes polos europeos de produción enerxética”

“Faltábanos outro elemento, o almacenamento enerxético, que ten forma de hidróxeno. É a gran aposta do goberno e sobre a que a comarca de Ferrolterra vai a ter moito protagonismo, tanto na fabricación de compoñentes como na xeración e almacenamento de enerxía como na súa comercialización, no só na localidade e na súa contorna senón tamén a nivel internacional. Temos que ser hábiles e áxiles para acompañar esa estratexia do Goberno de España para que se materialice en proxectos como o de Reganosa e EDP Renovables” engadiu González Formoso.

Así mesmo o rexedor local agradeceu ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico o seu respaldo ao proxecto da planta de hidróxeno verde das Pontes, cun apoio económico de 24 millóns de euros, a través de dúas liñas, e que vai a “supoñer que nas Pontes se instale unha alternativa enerxética de futuro, sen emisións de CO2 e con capacidade de subministro moderno para toda a industria galega.  Vai haber dúas plantas en Galicia e, outra vez se repite o modelo enerxético de Meirama-As Pontes como vectores da alternativa enerxética no país. Trátase, por tanto, dunha moi boa nova que moi pronto veremos concretada sobre o terreo”

Ao termo deste reunión de traballo, o alcalde das Pontes e a Secretaria de Estado de Enerxía participaron nun encontro co tecido empresarial local no que se reafirmou o compromiso do goberno de España co municipio e déronse a coñecer algunhas das liñas e proxectos nos que se traballa o goberno para aproveitar a gran oportunidade que representa a transición enerxética para As Pontes e súa contorna.

0.17337393760681