A subdelegación do Goberno entregou o novo aparcadoiro do casco histórico de Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou da finalización das obras e a inminente entrega do novo aparcadoiro do casco histórico de Mondoñedo.
presentacion festival itaca
presentacion festival itaca
28 Ago 2020

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou da finalización das obras e a inminente entrega do novo aparcadoiro do casco histórico de Mondoñedo. Tras o remate das obras, está prevista a entrega das instalacións antes de final deste mes de agosto.

Trátase dunha actuación de acondicionamento de tres parcelas para un aparcadorio no número 3 da travesía Casas Novas, nunha zona próxima ao casco histórico de Mondoñedo, desenvolvida pola Dirección xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. A súa importancia radica na ausencia de alternativas para aparcar nas proximidades do centro da localidade.

A subdelegada do Goberno destacou o compromiso do ministro, José Luis Ábalos, coa provincia de Lugo. En concreto, agradece a súa vontade para axilizar a obra a pesar da pandemia da COVID-19 e facer posible a súa entrega no periodo estival, a época de maior afluencia á zona.

A obra consistiu no acondicionamento de tres parcelas situadas na travesía Casas Novas  para habilitar una zona de estacionamento de vehículos nas inmediacións do Caso Histórico de Mondoñedo. O proxecto ten por obxecto facilitar unha alternativa de aparcamento próxima ao centro para evitar que os vehículos aparquen nas rúas do Conxunto Histórico mindoniense.

A intervención fíxose co menor impacto visual posible e incluíu o axardinamento e plantación dos espazos libres con especies de árbores autóctonas, así como a instalación de alumeado público e recollida de pluviais. Tamén inclúe a instalación de sinalización vertical de información, desde os accesos á cidade ata o aparcamento, así como de regulación da circulación no interior do mesmo, que será nunha única dirección.

0.086626052856445