A Subida A Pontenova 2019 será os días 6 e 7 de xullo

TerraChaXa | AMariñaXa
A Escudería Pontenova organizará os días 6 e 7 de xullo a VIII edición da Subida á Pontenova, puntuable para os Campionatos e Trofeos de Galicia de Rallyes, Copa Propulsión Carcross e Copa Pirelli de Montaña.
60356244_2259513537437351_1204265622427402240_o
21 Xuño 2019

A Escudería Pontenova organizará os días 6 e 7 de xullo a VIII edición da Subida á Pontenova, puntuable para os Campionatos e Trofeos de Galicia de Rallyes, Copa Propulsión Carcross e Copa Pirelli de Montaña.
A proba está centralizada na localidade de Pontenova que lle dá nome, coas verificaciones o sábado día 6 pola mañá e as primeiras mangas de competición pola tarde.
O tramo de subida está localizado na estrada LU-4803, entre os puntos kilométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 kms de lonxitude, cun formato de 6 pasadas, dúas de adestramento e 4 oficiais segundo o programa horario de máis abaixo.
As inscricións estarán abertas previsiblemente ata unhas semanas antes da subida.
A organización deste evento anunciou estes días a data de celebración pero indicou tamén que nestes días comezarán a elaboración do regulamento así como doutras peculiaridades da cita deste ano.

0.18356609344482